terça-feira, 19 de agosto de 2014

IV Mercadinho Sustentável de venda e troco de cousas usadas.

Os dias 30 e 31 de agosto terá lugar na Praça de Sam Bieito da Guarda o IV Mercadinho Sustentável de venda e troco de cousas usadas. Podes reservar o teu posto escrevendo a csfuscalho@gmail.com ou chamando ao 678821088.

Coma outros anos teremos música durante todo o dia, comida, bebida e actividades paralelas que iremos anunciando conforme se acerque a data do evento.

Acude e difunde!
 

terça-feira, 12 de agosto de 2014

Apresentaçom do livro "A batalla polas pensións (1981-2013)".


Esta quinta 14 apresentaçom do livro “A batalla polas pensións (1981-2013). De como a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases trabaladoras se opoñen.”, de Xabier Pérez Davila, economista, sindicalista e mestre de secundária.


Sipnose:


"Editado por Estaleiro Editora, Xabier Pérez Davila desvela neste libro algunhas das mentiras coas que nos bombardean os medios de persuasión de masas, como voceiros das clases poderosas, en relación coa suposta inviabilidade económica dos sistemas de protección social.


O autor demostra como o capitalismo financeirizado é precisamente o que ameaza a viabilidade dos sistemas de pensións públicos. O libro quere ser unha chamada á mobilización, no convencimento de que estabelecermos o benestar común é posíbel, mais incompatível coa financeirización e, por extensión, co propio capitalismo."